Ruta 1 das mámoas de Monte Penide
Publicado: 9 Xaneiro 2012 Arquivado en: Comunidade de Montes de Cabeiro, Mámoas, Ruta 1 da mámoas, RUTAS Deixar un comentario »As mámoas que conforman esta chaira son en total 35.
Decidimos dividir a ruta completa en dúas partes debido a que a páxina web na que van montadas só admite 25 puntos de referencia.
Nesta primeira etapa poderedes visitar 12 mámoas.
Lugar de partida
Esta primeira ruta para coñecer as mámoas de Monte Penide vai dende o campo de fútbol de Cabeiro ata a Mámoa do Rei.
Saímos do campo de fútbol de Cabeiro. Ata o campo de fútbol chégase comodamente subindo por Cabeiro, por Trasmañó, ou mesmo dende o parque forestal do Vixiador.
Dende aquí encamiñámonos ata a mámoa que está sobre o chamado Coto da Arca (referencia toponímica a mámoas). Unha fermosa mámoa que domina unha espléndida vista do val do Maceiras, Cabeiro e Peinador e dende onde comezará o noso percorrido.
A páxina web na que vai montada esta ruta permite descargala nun navegador GPS para que non perdades detalle de localización.
(Se necesitades converter o arquivo .GPX xenérico para o voso navegador concreto, descargade o programa PoiEdit > Menú Herramientas>Conversor de paquetes).
Tamén vos recomendamos a súa visualización en Google Earth dende a propia páxina web. Despregade a referencia da ruta que aparecerá na columna da esquerda da pantalla e premede sobre a opción “path”: faredes un percorrido aéreo sobre a ruta.

